As lecturas deste domingo nos somerxen nun mundo cheo de dificultades para un crente. Ter unha fe firme non é fácil. A vida de Xesús non foi fácil e a nosa tampouco.
Todos, absolutamente todo crente por moi firme que sexa a súa fe, súa fidelidade por manterse firme, nalgún momento da súa vida experimenta o medo ou unha angustia interior por distintas circunstancias. Ninguén está libre do medo, desde o Papa ata o mais sinxelo dos crentes. Pero Xesús nos di que non teñamos medo. «Quen se pon da miña parte» non ten que temer. O certo é que, malia as palabras do Señor, o medo apodérase de nós cando no noso corazón medra a desconfianza, a inseguridade ou a falta de liberdade interior. Este medo é o problema esencial do ser humano, e sómente nos podemos liberar del arraigando a nosa vida en Deus, que non nos vai a liberar dos problemas, pero danos a firmeza do seu amor no mar cambiante da vida.
Na nosa vida como crentes, sempre corrémo-lo risco de andar a procura do mais fácil e pasámo-la vida tratando de eludir todo o que esixe verdadeiro risco e sacrificio. Recuamos ou nos pechamos na pasividade cando descubrímo-las esixencias e as loitas que leva convivir con certa fondura de fe. Verdadeiramente non é fácil e todo na nosa vida de fe ten un proceso de maduración que ten sempre os seu altos e baixos.
Acordádevos do relato da tempestade calmada cando no medio da boráxine Xesús está a durmir e os discípulos están mortos de medo. O mar da vida é tan cambiante coma as augas do océano. E o mar é unha fermosa metáfora no que a barca da Igrexa e as nosas barcas persoais teñen que navegar. Non se poden garda-los barcos no porto por temor ás tormentas porque somos chamados a un movemento continuo, a uns retos que nos obrigan a saír de nós mesmos e que van a ser moi esixentes. Pero «non teñades medo», é a palabra do Mestre. Y a pesar de súa palabra, moitas veces nos sigue dando medo tomar en serio nosa vida de crentes asumindo a propia existencia con responsabilidade total. Pero sempre dentro de nós ten que resoar esa voz interior que nos anima a seguir co proxecto do Reino, que nos vai crear situacións difíciles, pero a súa voz resoando dentro de nós nos levantará o ánimo, «non teñades medo», a vosa fidelidade ante os homes é a fidelidade que será presentada ante o Pai.
Temos que ter moi presente que o medo axiganta os problemas e fainos perder obxectividade. Ante os retos que se nos presentan no noso mundo tan global e na nosa sociedade mais próxima, temos que ter en conta que, como crentes, debemos dar respostas válidas ás nosas comunidades que lles axuden a mirar con optimismo o seu futuro e facendo que a súa fe medre e se afiance. Sementar nelas sementes de vida que xeren ilusión e compromiso na loita polos dereitos das persoas. O medo fai moito dano. Onde medra o medo se perde de vista a Deus e se afoga a bondade que hai no corazón das persoas. Por iso é moi importante traballar a nosa vida interior e enriquecela con a palabra de Deu que nos dará forza e unha fe profunda: «Son Eu, non teñades medo».
Unha comunidade seguidores de Xesús ten que ser, antes que moitas outras cousas, un lugar onde as xentes se liberen dos seus medos interiores e aprenda a vivir confiando na Palabra de seu Mestre y Señor: «Non teñas medo, meu pequeno rabaño». Sempre estará a súa palabra dando azos. É por iso que a nosa actitude interior, ese espazo sagrado no que ten que resoar a voz de Xesús, ten que estar baleiro de outras voces alleas que poidan matar a palabra de vida. Cando noso mundo está cheo de turbulencias como si fose un mar embravecido, e, ese non é o problema maior, o verdadeiro problema é que nos deixemos afogar pola turbulencias e sexa mais forte o medo que o poder da palabra do Señor.
Acordádevos sempre do relato que nos narra a Xesús camiñando sobre as augas encrespadas do lago. De Pedro querendo camiñar cara a Xesús. Pero sentindo a violencia do vento e das ondas entrou en pánico. Esa é unha metáfora que nos acompaña na nosa vida. E, ante o temor acudir sempre ó Señor que nos pode salvar. E berrar coma Pedro: «¡Señor, sálvame!»
Gracias
Gracias
La manera de expresarse del Señor hoy es muy cercana…, se trata de sumergirse en el océano inmenso de su Gracia , ahí es donde no hay nada que temer.
Poco a poco…
Muchas gracias por estas palabras llenas de apertura!!