Sempre solemos dicir que, tal ou cal relato evanxélico é o mais belido, é o que vai mais as profundidades do ser, é o que nos enche de alegría, etc.
Hoxe se nos proclama un texto de San Marcos que nos pode levar por dous camiños: o primeiro é facer unha lectura literal que fai que, unha vez mais, admiremos a bondade e o poder taumatúrxico de Xesús de Nazaré e non vaiamos alén de texto. A segunda lectura tennos que facer chegar ao corazón do relato para que nos amose toda a riqueza que esconde e que nos leva alén da súa literalidade, alén do relato en si.
Bartimeo, o mesmo que Zaqueo (eran paisanos), son unha parábola da degradación da vida. Hai algo mais en eles que unha cegueira física e que unha pequena estatura. O que lles acontece a estes dous personaxes está no seu home interior, os dous están incapacitados para ver a Xesús, e dicir: están incapacitados para ver o Camiño, a Verdade e a Vida.
E, os dous, pola súa situación persoal, se senten atados e escravizados. Zaqueo o ten todo pero no fondo está baleiro, non ten vida, a súa riqueza esmágao, carece de estatura moral e espiritual. Bartimeo chegou na súa vida a un grao de prostración e desesperación que se deixa vencer, apártase do camiño da vida e deixase caer no chan sen esperanza de recuperar a alegría de se sentir vivo. Bartimeo e Zaqueo viven nunha cova escura, a súa vida é unha noite pecha.
Has cegueiras interiores nacen da ambición, das ansias de poder que nos levan a querer controlar e dominar todo. Ese non é un bo camiño porque nos leva a os falsos mesianismos, a querer ser os grandes visires; que a vida e a morte dependa da nosa palabra, e, o que é peor, do noso antollo. Aspirar a mellorar a vida é lexítimo, pero non a calquera prezo.
Cando a aspiración se torce por malos camiños, por non importa que prezo a pagar, e as consecuencias que acarrexa a nosa ambición, o noso interior énchese de tebras, céganos, e nada do que lles ocorra aos demais, con tal de conseguir o obxectivo dos nosos desexos, nos importa. A nosa cegueira nos converte nunha cova onde vive unha alimaña disposta a pisar a todo o que nos pretenda arrincar da vida que temos programado para a nosa comodidade e benestar, a costa da pobreza e miseria dos outros. A ambición acarrexa dentro de si todas as pantasmas de imaxinarios perigos. O ambicioso é suspicaz, mentireiro, corrupto, insociable. En definitiva, nos leva a padecer a peor das cegueiras: a insensibilidade, a indiferenza, a frialdade, a insolidariedade.
Se non coidamos o noso home interior podemos acabar nas peores tebras interiores. A vida non é algo que non ven desde fora, cada un de nós ten que alimentala no mais fondo de si mesmo. Coidar o desexo de vivir, de ver, de poder camiñar, de abrazar, de amar, de compartir, de construír, de seren solidarios, de devolver todo o amor recibido, de reparar toda inxustiza feita pola nosa torpeza, de sentir que o perdón despraza todas as tebras interiores e nos enche de luz; de desterrar todo mal celo, toda envexa. É a mellor maneira de nos sentir vivos, de seren felices, de seren fillos da luz, fillos do día. Non esquezamos nunca que é un erro pensar que todo rematou, que a miña prostración non ten remedio e que é inútil seguir loitando, porque a vida sómente remata cando decidimos deixar de loitar. Nin o pasado que xa non é, nin o futuro, que tampouco é, nos poden abrumar co seu peso. O tempo presente, o noso hoxe, é a nosa verdade, nel temos que ler a nosa vida, é o que nos pode dar resposta da nosa situación vital, do noso home interior. É o tempo no que podemos actuar, pensar, decidir, ilusionarnos con algo novo, facer renacer a esperanza que está chea de luz e de posibilidades. A cegueira interior cúrase se os ouvidos do noso corazón perciben o paso da VIDA e fan que o noso berro estoupe coa forza dun volcán: «Fillo de David, ten piedade de min!».
Bartimeo e Zaqueo son irmáns na súa miseria. A vida cegou a un, a ambición e a corrupción empequeneceu moralmente ao outro, Cada un vivía na súa cova particular. Bartimeo deixou de loitar, foi devorado por un mar insaciable que, cando lle arrebatou a luz da súa conciencia, arroxouno a beira do camiño se azos para seguir vivindo. Zaqueo estaba esmagado por unha riqueza gañada con inxustiza e corrupción. Un día comprenderon que as covas son para as alimañas, que nela non está a vida. Ámbolos dous sentiron a necesidade de achegarse a Aquel que ten poder de salvar, de liberalos do peso das súas cadeas e de volverlles a liberdade e a luz.
Que nunca se aparte de nós esa humilde oración, ese berro de Bartimeo: «FILLO DE DAVID, TEN PIEDADE DE MIN!»
Moitas Grazas. Mágoa que moitas homilías non interpreten, non reflexionen, non profundicen nas sagradas escrituras.
Gracias