Vivir a santidade de Deus

Bienaventuranzas | Corita Kent

Texto en castellano

Nesta solemnidade de Todos os Santos, celebramos a santidade de Deus, non só nos homes e mulleres do mundo, senón en toda a creación, porque todo o que nace do amor en santo. Ademais  celebramos a felicidade, porque santidade e felicidade van unidas de por vida. ¿Onde está a santidade e a felicidade?, ¿como a sentimos e a vivimos?, ¿cal é o seu lugar privilexiado? A santidade e a felicidade veñen de Deus ao corazón das persoas que viven abertas a gratuidade e a dispoñibilidade, nun servizo a comunidade humana buscando sempre o ben que faga felices aos fillos e fillas de Deus.

A felicidade segundo o sentir do mundo tal e como se entende en cada época da historia ten algunhas variantes, pero non moitas, sómente hai algo que a une: a felicidade e a despreocupación polo futuro e unha cegueira pola pobreza e miseria do seu entorno. Pero esa non é a felicidade como a entendía Xesús de Nazaré, vexamos: Nos tempos en que Xesús proclama as Benaventuranzas o perfil dunha persoa feliz sería un varón adulto, de boa saúde, casado cunha muller honesta e fecunda, con fillos varóns (as fillas eran un problema), unhas terras ricas, observante da relixión e respectado no seu pobo. Hoxe temos o mesmo perfil, só sobran a relixión, os fillos con un  ou dous abonda; a ética e a moral se viven e comprenden daquela maneira ou de ningunha, e a falta de escrúpulos na maneira de enriquecerse. Para moita xente, por desgraza, isto é a felicidade.

O espírito das benaventuranzas non cadra co concepto de felicidade na sociedade ao longo da historia. Francisco de Asís cando intuíu o abismo que había entre os pobres do seu tempo e a nobreza, os burgueses e o alto clero, berraba polas rúas de Asís: O Amor non é amado. E Jürgen Moltmann ten unha sentencia que traspasa o corazón: Deus sufre onde sufre o amor.

É necesario que nos acheguemos as Benaventuranzas para descubrir nelas ese contido de inesgotables resonancias sempre novas. Sempre atoparemos nelas unha luz diferente para o momento en que estamos a vivir e sempre é bo facer unha lectura persoal e comunitaria para descubrir toda a riqueza inabarcable que levan dentro de si.

J. A. Pagola fai unha preciosa reflexión sobre as Benaventuranzas que paga a pena de escoitar:

Ditosos «os que teñen espírito de pobres», os que saben vivir con pouco, confiando sempre en Deus. Ditosa a Igrexa con alma de pobre porque terá menos problemas, estará atenta aos necesitados e vivirá o Evanxeo con mais liberdade. De ela é o reino de Deus.

Ditosos «os sufridos», os que viven con corazón benévolo e clemente. Ditosa unha Igrexa chea de mansedume. Será un agasallo para este mundo cheo de violencia. Ela herdará a terra prometida.

Ditosos «os que choran», porque padecen inxustamente sufrimentos e marxinación. Con eles pódese crear un mundo mellor e mais digno. Ditosa a Igrexa que sufre por ser fiel a Xesús. Un día será consolada por Deus.

Ditosos «os que teñen fame e sede de xustiza», os que non perderon o de sexo de seren mais xustos nin o afán de facer un mundo mellor e mais digno. Ditosa a Igrexa que busca con paixón o reino de Deus e súa xustiza. Nela alentará o mellor do espírito humano. Un día o seu anhelo será saciado.

Ditosos «os misericordiosos», que actúan, traballan e viven movidos pola compaixón. Son os que, na terra se parecen ao Pai do ceo, ditosa a Igrexa aquén Deus lle arrinca o corazón de pedra e dálle un corazón de carne. Ela alcanzará misericordia.

Ditosos «os que traballan pola paz» con paciencia e fe, procurando o ben para todos. Ditosa a Igrexa que introduce no mundo paz e concordia, reconciliación e non enfrontamento. Ela «será filla de Deus».

Ditosos os que «perseguidos por causa da xustiza», responden con mansedume ás inxustizas e ofensas. Eles  nos axudan a vencer o mal co ben. Ditosa a Igrexa perseguida por seguir a Xesús. Dela é o reino de Deus.

Vivir o espírito das Benaventuranzas non consiste en decidirse por unha vida mais infeliz e fastidiosa, senón, ter un corazón aberto a dor do mundo, as miserias que vive moita xente inxustamente, e, sobre todo, ter un corazón moi humano que orienta a súa existencia e a súa liberdade ao servizo de todos os que son inxustamente tratados polos poderosos deste mundo.

As Benaventuranzas son unha escola de vida e vivimos nelas cando nos decatamos do ben que facemos porque a quintaesencia da santidade e vivir facendo o ben no noso que facer de cada día sen esperar nada a cambio da nosa doazón e da nosa gratuidade. É vivir o amor sen medida.

O espírito das Benaventuranzas nos enche dun gozo profundo, un gozo que pódese sentir no medio das bágoas e do sufrimento que acarrexa vivir enfrontado a toda inxustiza, pero é un ben que ninguén nos pode arrebatar. E ese gozo que ven do Espírito Santo de Deus nos pon en comuñón coa gran nube de testemuñas, de todos os que pasaron as súas grandes penas e lavaron e branquearon os seus vestidos coa sangue do Año. Sabemos que non estamos sós nesta loita, as Benaventuranzas nos unen aos que nos precederon. Eles viven xa a plenitude da felicidade e do amor, nós vivimos en esperanza.

Un comentario en “Vivir a santidade de Deus

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.