Un corazón vixiante

 

Texto en castellano

Cando chegamos ao final do ano litúrxico, a Igrexa nos confronta cunha serie de textos que nos poden provocar distintas reaccións tanto positivas coma negativas: medo, porque os consideramos duros e cheos de ameazas. Indiferenza, porque pensamos que as formas apocalípticas non teñen sentido nin significado hoxe en día. Esperanza e vixilancia, porque manteñen desperta a nosa vida e a nosa fe se afianza en que as palabras de Xesús de Nazaré «NON PASARÁN». Pasan os séculos e as civilizacións, toda corrente de pensamento, todo tipo de modas, pero a Palabra do Señor non perde a súa forza liberadora e salvadora. É a que mantén viva a esperanza e a fe dos seus seguidores, é o alento dos pobres, a luz dos que viven na escuridade, as mans que salva aos que se afogan nas augas turbulentas do noso mundo. Porque como di o salmo responsorial: «Ti es, Señor, a miña herdade e a miña sorte, ti coidas do meu porvir… Teño o Señor sempre diante; con El á dereita non caerei».

No o esquezamos nunca: a Esperanza e a Vixilancia furan os grosos muros da angustiosa realidade e manteñen viva a nosa fe. Mais que dun final do mundo, os Evanxeos fálannos da FIN DUN MUNDO. É dicir: do caduco vai xurdindo unha nova etapa na historia da humanidade que se vai abrindo paso a pesar da resistencias dos que se opoñen a que as cousas troquen. Cada nova etapa da historia supón a superación e a morte de moitos valores que se creron que permanecerían inalterables, pero a forza renovadora da nova sabia nos vai dicindo que nada é inalterable ni nada permanece para sempre. Hai que abrir novos camiños e non vale dar couces contra o aguillón.

O corazón vixiante é aquel que descende ás profundidades do seu ser para saber que Deus habita nel, porque segundo o Deus que habita así será a resposta que de ás preguntas da historia presente. Un ídolo morto no corazón dará respostas negativas e cheas de agresividade porque os seus intereses poden estar cuestionados. E, así como un ídolo é estático, así é o pensamento negativo.

Necesitamos un espírito vixiante tanto na vida dos crentes coma na vida dos non crentes, porque  a historia nos ensina que o vixiante é aquel que se opón o estado de embriaguez e somnolencia nos que podemos caer con moita facilidade para que nada nos turbe nin nos enoxe. Crentes e ateos de corazón desperto loitan pola renovación, o seu obxectivo é o mesmo: a xustiza e o benestar das xentes. Isto require un estado de sobriedade, un manter os ollos abertos dos que teñen un fin preciso. Si ben e certo que a vixilancia cristiá se refire totalmente á persoa de Cristo, non é menos certo que o sacramento de Cristo está encarnado nas nosas vidas e o benestar dos nosos irmáns e irmás e do noso mundo son para El mais importantes que fantasiar sobre futuras escatoloxías. O Xuíz dos pobos non lle interesan as relixións senón o benestar das persoas e neste empeño estamos todos xuntos, crentes ou ateos.

Di Enzo Bianchi que «A vixilancia é a lucidez interior, intelixencia, capacidade de crítica, presencia na historia, non distracción e disipación». Todos estamos unificados pola Palabra de Deus na construción e sanación do nosos mundo. O vixiante faise responsable e é consciente de que debe coidarse de todo, estar atento do seu entorno: ver que se move na política, na economía , na xudicatura, no mundo laboral, na Igrexa, porque a vida de moita xente depende dun bo funcionamento destes estamentos, e a súa obriga é denunciar a corrupción que está sempre ameazante no seo destas institucións. A vixilancia é unha calidade que require unha forza interior e un gran equilibrio porque son moitos o xigantes contra os que se teñen que enfrontar, e non son precisamente muíños de vento, son os poderes fácticos que controlan e teñen  nas súas mans a vida do noso mundo. Non é fácil loitar contra  estas forzas hostís, pero se nos pide que vivamos vixiantes porque a vixilancia está na raíz da calidade da vida e combate a seducións que os inimigos externos e a mente exercen sobre nós.

Xesús de Nazaré nos da unha advertencia moi clara cando nos pide que vivamos vixiantes: non nos pide que andemos temerosos gardando as cusas “santas” e “sagradas” da tradición, é todo o contrario. Nos pide que ollemos os signos que nos comunican troco no orde da vida, da sociedade, da política, da economía, do auxe dos populismos e movementos involucionistas, dos recortes da liberdades, dos movementos migratorios a procura dunha vida digna e pacífica. Os crentes non somos gardiáns dun museo de arqueoloxía relixiosa, litúrxica e teolóxica. Somos crentes empuxados polo Espírito de Xesús para dar resposta aos constante trocos que se dan no noso mundo, abertos para saber discernir todo o que nos vai cuestionando e para enfrontarnos aos que queren poñer cadeas ao desenrolo dos pobos, do seu benestar, liberdade e dignidade.

A vixilancia se enfortece cando sabemos discernir as vindas do Señor. Non se trata do final apocalíptico da historia, se trata de saber cando un tempo morre e nace outro novo. Cando a figueira da gromos verdes sabemos que ven un tempo novo, pero tamén sabemos que ese tempo un día vai finar e virá outro novo par o que temos que estar vixiantes e preparados. Un día que ninguén coñece, nin tan sequera o Fillo, só o Pai, será o fin definitivo. Mentres tanto se nos pide que teñamos un corazón vixiante.

6 comentarios en “Un corazón vixiante

  1. Pury Mercedes dijo:

    DOMINGO, 17 noviembre 2024 dedicado a la memoria de Jesús POBRE.
    Nacido,
    como emigrante, en una cueva fuera de la ciudad, pariendo con la ayuda de José. Terrible 😔 !
    Muerto,
    entre ladrones, fuera de la ciudad. Terrible 😔!
    La vida de María de José, no fue NADA fácil ☺️. Amén 🙏

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.