Volvamos xa á luz… Debemos retornar ao corazón. Aí móstrasenos o camiño da salvación (San Bernardo).
O don do Advento, o Deus que ven por puro amor ao encontro da humanidade ferida, só se pode captar dende o corazón, entendido como o centro do noso ser, un lugar de intimidade, de vulnerabilidade e de transparencia, onde somos o que verdadeiramente somos e capaces de ver máis alá do que os nosos ollos deixan.
Retornar ao corazón é a condición para acoller a vida de maneira total, a vida cuxa xenerosidade estamos lonxe de recoñecer. Somos fillos dun Deus que nos sinala que somos peregrinos do infinito, o infinito inscrito en cada realidade que tocamos acotío. Non hai nada que non estea cheo de infinito. A vida propágase e ábrese á súa plenitude sempre que nos deixamos tocar ou que tocamos por amor, sempre que nos permitimos ser vulnerables e confiamos. A vida en abondo agárdanos no que nos parece imposible amar en nós e nos outros. Só no silencio do noso corazón podemos decatarnos da presenza do Deus que veu para que teñamos vida e para que a teñamos de abondo.
Este é o tempo da vixilancia: o tempo para estar atentos a novas posibilidades na vida tan coñecida de todos os días, o tempo para escoitar unha chamada onde nos acostumamos a atopar mutismo, un tempo para sondar xermes de vida, formas aínda incipientes, seminais, pero potencialmente portadoras de froito abundante. Baixo a guía do corazón, volvamos aos nosos lugares máis coñecidos, e que tantas veces experimentamos como insípidos, infértiles ou, mesmo, agresores. Volvamos aos lugares do desamor. Se miramos con os ollos da vulnerabilidade e da pequenez, a vida transfigurase. Onde nos sentíamos ameazados, atopamos agora o lugar da festa e da fraternidade. Atrevámonos a ir máis alá dos filtros cos que normal e mutuamente nos miramos e miramos tamén toda a realidade.
María, a nai de Xesús, no seu corazón virxe, é o limiar do advento de Deus no corazón humano. Virxe, xa que enteiramente dispoñible para a novidade de Deus; virxe, xa que enteiramente á escoita. O segredo da ledicia non está tanto no que un di ou fai, senón máis ben no que un escoita. O que ela entendeu, e tamén o que non comprendeu, de todo o que escoitou acerca de Xesús, conservábao no seu corazón meditándoo continuamente (Cf. Lc 2,19). A escoita é unha forma de abrazar a vida con amplitude.
Volver escoitar é volver ser nenos. Retornar a esa actitude primeira tan fermosa que é a admiración, a capacidade de asombro… Volver escoitar é tamén mirar de novo e darnos a oportunidade de ver máis alá das nosas proteccións: somos todos nenos asustados desexando ser respectados, coidados e amados. Só en estado de vulnerabilidade podemos acoller a graza do Advento.
«Xa chega o dia da vosa liberación (…) Vixiade sempre!». (Lc 21, 28.36)
Gracias
«Este es el TIEMPO
de la vigilancia:
TIEMPO para
estar atentas a
NUEVAS posibilidades en la VIDA…
Tiempo de parto
en la VIDA cotidiana,
tan conocida de TODOS los días.
Tiempo para ESCUCHAR
la LLAMADA…
abrir las puertas
y reír JUNTAS.
Reír y llorar JUNTAS donde nos hemos habituado al mutismo,
Tiempo para sondear gérmenes de VIDA,
formas todavía incipientes,
seminales,
pero potencialmente portadoras de fruto abundante».
Gracias
Fantástico: » A escoita é unha forma de abrazar a vida con amplitude «.