Concibir a Deus no corazón

Anunciación (det.) | Pintado por Xaime Lamas, monje de Sobrado

Texto en castellano

«Bendito sexa o Deus e Pai do noso Señor Xesús Cristo, que por medio de Cristo nos bendiciu no ceo con toda clase de bendicións do Espírito. Porque nos escolleu antes da formación do mundo, para que fósemos santos e sen chata perante El polo amor» (Ef 1, 3-4).

É bo agradecer a Deus seu amor que constantemente nos sanda das nosas debilidades. No seu corazón de Pai somos santos e sen tacha, fillos benqueridos, alegría dos seus ollos e do seu corazón.

Ninguén nace enfermo nin en pecado. ¿A caso pode saír algo malo ou impuro de corazón de Deus? A historia nos fala da degradación do ser humano como froito amargo da desobediencia, da soberbia, de querer se igual a Deus no coñecemento, en querer tocar o ceo coa obra das súas mans. Cando o home desterrou a Deus da súa vida, a desolación e a desesperanza cubriron a terra coma unha noite pecha e espesa. Do xardín das delicias e da harmonía pasamos a unha terra erma e chea de conflitos. Unha historia de guerra e de odios cainitas parece que nos perseguen. Pero en medio de tanta cegueira, Deus non esquece aos seu fillos e vai poñendo puntos de luz ao longo camiño da historia preñada de longas noites pechas e de friaxe invernal. Endexamais Deus permitiu que agonizase no corazón da humanidade a esperanza de ollar un novo día radiante de luz. O Deus connosco, o Enmanuel das promesas se nos anuncia para, coma o Bo Samaritano, sande ao ser humano caído e ferido polos ladróns da dignidade dos fillos e fillas amados de Deus. Se o núcleo mesmo está manchado, ferido, a figura de María na nosa historia da salvación como criatura Inmaculada, nos está a revelar a decisión de Deus de facer todo novo desde a raíz. A nova creación nos anuncia nunha criatura humana que vai a responder ao proxecto de Deus con un SÍ cheo de fe e esperanza en Aquel que lle pide humildemente permiso para realizar o milagre da vida na Encarnación do Verbo no seu seo.

Ler na solemnidade da Inmaculada o relato da Anunciación de San Lucas nos está indicando que os pasos de Deus na historia non comezan nin rematan nos templos. As diferencias dos relatos da Anunciación de Xoán Bautista e de Xesús son ben patentes e ben postos para a nosa comprensión de que para Deus non existe o sagrado e o profano. E teñen que seguir sendo na historia dos crentes ese espazo que nos axuda a comprender de que o único lugar santo e sagrado capaz de concibir a Deus é o interior do ser humano. As pedras  non conciben, e na historia das relixións, desgraciadamente, hai pedras dabondo. E unha vez mais a gloria de Deus abandona o templo feito por mans humanas e se instala nun lugar profano e contaminado aos ollos dos homes relixiosos de Xerusalén, pero aos ollos de Deus, digno da súa bendición, onde radica o Tabernáculo de Deus. San Lucas nos di con claridade que Deus faise carne, non para permanecer nos templos, senón para poñer a súa morada entre os homes e compartir a súa vida.

O relato da Anunciación ten a mesma forza e a mesma mensaxe cas Benaventuranzas de San Mateo. Alégrate, é coma un río de augas desbordantes que non  nos afogan, senón que fertilizan nosa esterilidade. Cristo e concibido na nosa carne na alegría de Deus. Todos estamos capacitados para concibir e dar a luz a Deus. No lo di San Bernardo: «Nos din as Escrituras que uns escoitaron a Palabra, outros a proclamaron e outros a cumpriron; pero eu che pido que se faga no meu ventre segundo a túa Palabra. E non quero que se faga en min coma un soño imaxinario, senón coma unha inspiración silenciosa, coma unha encarnación persoal posuída corporalmente nas miñas entrañas».

Ao longo da Escritura  vemos como Israel tiña conciencia de que Deus estaba con el. Pero era un Deus que infundía mais temor que amor. Era o Deus do Sinaí. A María se lle anuncia a presencia Santa que está e mora nela: «O Señor está contigo». E, a  alegría que se anuncia, é unha alegría que nace da fe e da confianza de que Deu nos acompaña, está sempre da nosa parte e busca o noso ben. Non estamos sos, dentro de nós está o facedor da vida, o que nos enche da súa graza, o que nos recoñece santos e inmaculados.

 A Virxe Inmaculada é modelo da Igrexa, tal como o proclama o Concilio. É a que nos ensina a alegría de abrir as portas ao milagre da vida. Ela é a muller crente que faise nai e irmá dos desherdados da historia, a que nos di que a alegría verdadeira e posible ao corazón do que anceia e busca a paz, a liberdade e a fraternidade para todos. María, a Virxe Inmaculada, alégrase e Deus porque ven a consumar a esperanza de todos os que anceian que os ceos se rachen e veña o Salvador.

2 comentarios en “Concibir a Deus no corazón

  1. Pury Mercedes dijo:

    En María Inmaculada; TODO nos sorprende, especialmente la increíble belleza de la ELECCIÓN de DIOS para hacerse CARNE en su ser humano, por obra del AMOR. María de José libremente, y NOSOTRAS en Ella, dejamos espacio, «ahuecamos nuestra SOLEDAD», para que desaparezca lo sagrado y lo pagano. Así nuestra SOLIDARIA SOLEDAD, espiritualiza nuestra carne y encarna el Espíritu: porque es el único lugar santo y sagrado, capaz de concebir a DIOS.
    San Bernardo de Clairvaux AMOR ardiente grita y llora: » yo te pido DIOS , que se haga en mi vientre, según TU PALABRA. Y no quiero que se hagen mi, como un sueño imaginario, sino como una inspiración personal, poseída corporalmente, en mis entrañas».

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.